O alcalde de Begonte premia aos gañadores dos certames do Belén 2009

O alcalde de Begonte premia aos gañadores dos certames do Belén 2009

01 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A edición dos premios do Belén de Begonte pecharon a súa edición anual cun acto celebrado o pasado sábado 30 de xaneiro no Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán e presidido polo alcalde desta vila chairega, José Antonio Vázquez. A ausencia do secretario da Asociación Xosé Domínguez Guizán que convoca estes premios, Xulio Xiz, foi cuberta por Marcial González. Na entrega dos premios interviron, ademais do

Así, entregáronse os galardóns dos certames de Arte,  Debuxo Infantil, Poesía  e Xornalismo. No primeiro foi a viguesa Fernanda Fernández Suárez, quen se fixo cos 1.500 euros de premio e unha estatuíña de Sargadelos pola súa obra “Casa Román”. O resto dos premiados no XX Certame de Arte foron o ferrolán Francisco Maceira Rodríguez, cun accesit pola súa obra “Prado”, e o naronés Víctor Manuel Saavedra, polo seu cadro “La última cena”.

 

 

No de infantil, os primeiros lugares corresponderon a Saúl Simón López do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte; a Javier Álvarez Méndez, do colexio Colexio Juan Rey de Lourenzá, Lucía Agrelo Martínez do Ceip nº 1 de Foz na Categoría de menos de 10 anos. Na Categoría de mais de dez anos os vencedores foron  Clara Guzmán Vilaboy do Instituto Vilar Ponte de Viveiro, Abel Castro Castro do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte  e Aitor Palacios González do Colexio S. M. de Reinante.

Os segundos premios do de Debuxo infantil foron parar a Paula Barreiro Rodríguez do Colexio San Xosé de Lugo, Laura Pérez Piñeiro do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte, Iván Batista Rodríguez do Colexio S. Miguel de Reinante, Mohamed Choraifi Salmi e David Edrosa Calvo  do Ceip nº 1 de Foz; todos eles na categoría A, que englobaba a cativos de menos de 10 anos. En canto á B, para rapaces de mais de 10, os segundos premios recaeron en Nuria Lago Nodar, Lucía Chaves Eijo, Sergio Fernández Fraga, Isabel Blanco Pérez e Beatriz López Bruzos, todos eles do Instituto Vilar Ponte de Viveiro. Os primeiros premios están dotados con 60€ e un trofeo, e os segundos con 30€ e trofeo.

 

O mellor poema foi “Cometa branca na singradura dun branco ronsel”, do lucense Xosé Otero Canto, en tanto o segundo premio, dotado con 300€ e a estatuíña de Sargadelos, foi para “Agora”, do que é autor Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, residente en Xanceda, A Coruña.

 

En canto aos de xornalismo, o escritor lucense Pablo Núñez González obtivo a edición número XXXIV deste galardón, que está dotado con 600€ e unha estatuíña de Sargadelos. O seu traballo “Begonte, Belén Infinito”, publicado en www.galiciadigital.com, foi o artigo que lle concedeu este premio convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co patrocinio da Xunta de Galicia.

 

O segundo premio, dotado con 300€ foi para Ramón Eijo Balseiro, polo artigo “A aldea do Belén, publicado no xornal El Progreso. Pola calidade do traballo concedéuselle unha Mención de Honra dotada con estatuíña de Sargadelos a Xosé Ramón Escourido Basanta, por “Unha nova estrela no Belén de Begonte, publicado en La Voz de Galicia.

Cultura