O Alcalde de Boiro participa na primeira reunión da “Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”

O Alcalde de Boiro participa na primeira reunión da “Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”

22 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, participará hoxe a partir das 16.30 horas no Ayuntamiento de Barcelona, na cidade condal, na primeira reunión da “Red Innpulso. Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación”. O Ministerio pretende, coa creación desta rede, habilitar un contacto permanente entre todos os municipios galardoados, así como compartir recursos e información.

A orde do día da xuntanza é o seguinte:

1. Entrega de diplomas aos alcaldes que obtiveron a distinción “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, entre as que se atopa Boiro.

2. Aprobación do Protocolo polo que se establecen as normas de funcionamento da “RED INNPULSO Ciudades de la Ciencia y la Innovación”.

3. Elección do presidente. 

4. Elección dos seis membros do Consejo Rector, dúas por cada modalidade da distinción. 

Cómpre lembrar que Boiro foi o único municipio de Galicia distinguido como “Ciudad de la  Ciencia y la Innovación” polo seu Centro de Formación – Centro de Hostalería – Viveiro de Empresas, situado no Polígono Industrial e inaugurado o pasado día 11 de marzo polo Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes, un acto no que tamén participaron representantes do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Sociedade