O alcalde de Boiro recolle a Bandeira “Q” de Calidad Turística a tres areais boirenses

O alcalde de Boiro recolle a Bandeira “Q” de Calidad Turística a tres areais boirenses

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

As praias de Mañóns, Carragueiros e A Retorta do Concello de Boiro renovarán este mediodía a Bandeira “Q” Calidad Turística. O alcalde boirense, Xosé Deira Triñanes recollerá este galardón no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Serán o titular deste ministerio, Miguel Sebastián, o Secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida e o presidente do ICTE, Miguel Mirones os que farán entrega das Bandeiras &ldq

O incremento nun 28% de certificacións neste sector turístico, respecto ao ano anterior, contribúe á firme aposta que dende as administracións públicas, principalmente concellos, se está a facer por dotar as súas instalacións de baño de todos os servizos de: seguridade, hixiene e servizos complementarios para a súa posterior certificación polo ICTE.

A Norma "Q" Calidad Turística para praias ofrece un sistema de calidade dirixido ao goce turístico das praias dende o respecto aos valores medioambientais e a sostibilidade dos ecosistemas. Diferenciase dos demais recoñecementos, que unicamente se centran en aspectos referidos á auga do mar e os areais.

Esta Norma de Calidade está implantada en 9 Comunidades Autónomas: Andalucía, Asturias, Baleares, Cantabria, Cataluña, Galicia, Melilla y Murcia. Galicia ten actualmente, 9 bandeiras azuis e 3 destas bandeiras corresponden ao concello de Boiro.   

Sociedade