O alcalde e o ministro de Fomento asinarán a apertura do proceso para a licitación dos pasos elevados de Perlío

O alcalde e o ministro de Fomento asinarán a apertura do proceso para a licitación dos pasos elevados de Perlío

29 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno de Fene vén de anunciar que o vindeiro sábado se asinará a documentación para abrir o proceso de licitación dos pasos de peóns elevados sobre a vía do tren en Perlío.

O alcalde de Fene, Iván Puentes, reunírase o sábado 5 de febreiro co ministro de Fomento, José Blanco, na sede da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña para asinar o documento pertinente.

Deste xeito, segundo fontes do executivo fenés, o goberno local e o Ministerio de Fomento "cumpren coa súa palabra". Despois de décadas de reivindicación veciñal, aseguran, “xa podemos dicir que están en marcha o proceso polo cal Perlío contará con pasos de peóns no camiño de ferro”.

Institucional