ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os alumnos e alumnas do colexio Jorge Juan de Perlío saíron airosos das probas que realizaron para o Informe PISA ao tempo que outros centros de Galicia. As probas, que os de Fene realizaron o venres pasado, non lles resultaron difíciles pero sí agotadoras.
Os alumnos do colexio Jorge Juan de Perlio xa pasaron as probas para o informe PISA o pasado venres. Nerviosos afrontaron a xornada maratoniana pero en xeral valoran moi positivamente a experiencia que non resultou demasiado difícil.
Raquel Rodriguez foi unha das alumnas do centro de Perlio que participaron. Explicaba esta mañán en Radiofusión o cansancio que supuxo para eles a experiencia. Juan Naveiras manifestou que non atoparon demasiadas dificultades, pero que foi un día moi intenso. Segundo as suas declaracións, acolleron con ilusión a experiencia pero chegado o momento estaban agobiados.
Foron un total de 35 os alumnos e alumnas da Jorge Juan os participantes nas probas. Agora deben agardar ata o ano que ven para coñecer os resultados do informe. Con espectación agárdannos pero tranquilos por saber que os seus resultados quedarán diluidos no informe global.