O amor non se cancela

O amor non se cancela
22 de Abril, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

A Boutique de Ceremonias de María Barcia tivo que adiar as vodas previstas pero confeccionou 12.100 máscaras que repartiu entre varios concellos da comarca e das que se beneficiaron numerosos traballadores de primeira liña.

ESCOITA O PODCAST:

Un sector seriamente afectado pola crise sanitaria é o das vodas e comuñóns porque cadróu en primavera, na época do ano de maior demanda. A Boutique de Ceremonias de María Barcia, ubicada na Estrada de Catabois 208, en Ferrol, non tivo que cancelar ningunha voda pero sí adialas todas. Díxolle unha clienta que “o amor non se cancela”. Todas as parellas queren o antes posible pero adáptanse a cando se poida. Hai algún caso que se adía para dentro dun ano por diferentes razón pero a maioría fala entre setembro a decembro. Mesmo, confesa María Barcia, “en plena crise recibín duas chamadas de dúas parellas que non pensaban casar aínda e agora queren porque queren celebrar”.

Os trinta anos de profesión danlle a María Barcia a potestade para coñecer como evolucionaron as vodas. Son menos numerosas. Antes o normal era ter 300 convidados, agora hainas de 30 ou 50. No seu taller son catro persoas as que deseñan e fabrican vestidos de noivas, madriñas e convidados, pero tamén mercan a outros deseñadores. Neste momento non traballan pero estánse preparando para a volta, para reunir as medidas de seguridade que requerirá a desaceleración do confinamento e da inactividade. Teñen 550 metros cadrados de superficie que pensan hixienizar con maior frecuencia e gardar as medidas de distanciamento entre probadores, se ben é certo que traballan con cita previa e polo tanto non soe haber máis dunha noiva probando á vez.

Barcia falounos de moda pero tamén de solidaridade. Sendo coñecedora da falta de máscaras ao comenzó da crise sanitaria, e aproveitando o seu saber na costura, María Barcia chegou a fabricar, xunto con 54 persoas que se enrolaron no proxecto, 12.100 máscarillas que despois se distribuíron por diferentes concellos que á súa vez repartiron entre os sectores máis necesitados da seguridade. Todo feito con coñecemento de causa. Mercaron teas adecuadas TNT 100 gramos, a mercería Esther donou os fíos e dúas floristerías os arames que deron consistencia ás máscaras. A profesionalidade non está reñida coa solidaridade. Moi ao contrario, o caso de Boutique de ceremonias é un exemplo real e cercano.

Sociedade

Publica o teu comentario agora