O amor pola ría no Pazo da Merced

O amor pola ría no Pazo da Merced

02 de Setembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fábrica de curtidos da Florida en Neda debeu de fundala a finais do século XVIII o comerciante de Matute (Logroño) D. Francisco Somalo. O seu irmán era o crego párroco de Santa María de Neda e co seu apoio e aproveitando unha construción anterior, deseña unha curtería a medio camiño entre unha casa señorial e recinto industrial. O arquitecto Alfredo Alcalá restaurou con persoalidade o edificio e hoxe funciona como cafeter&

A filla do fundador, Damiana Somalo, casa co enxeñeiro alemán Juan Adam Pensel quen traballaba como técnico mineralista no Departamento de Marina de Ferrol. O seu saber como químico permitirá o auxe da fábrica da Florida. En 1832 morre o enxeñeiro sen deixar descendencia. Reclaman a propiedade dous fillos do sacerdote Somalo e o rei lles da a razón. Falecidos estes, volve a fábrica á familia de D.Francisco. A Florida, como as restantes industrias da comarca, entra en crise no último tercio do século XIX. 
Segundo recolle Justino Fernández Negral no libro “Las fábricas de curtidos en la ria de Ferrol”, a estrutura que hoxe vemos como ala do edificio principal, é claramente anterior á construción do pazo propiamente dito. Presumiblemente data do século XVI. Dende o pazo, hoxe divísase a fermosura da ría e a preciosa igrexa románica de San Martiño de Xubia.
Sociedade