ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pablo Lago foi o primeiro director de Radio Fene. Esta foi a súa porta de entrada a Galicia. Incorporouse para o posto cando se viña de crear a emisora local en setembro de 1984. Era unha proposta de radio municipal punteira e novidosa en Galicia. Todo estaba por facer.
A posta en marcha deste medio de comunicación coincidiu ademais co punto máis álxido do conflito da reconversión naval. Foi un momento moi difícil para moitas familias que vían como desaparecía o seu medio de vida. O goberno anunciou o peche de Astano e o despido de máis de 5.000 empregados, o que provocou unha auténtica conmoción social. Radio Fene serviu de altofalante para toda esa preocupación, de ferramenta para que se puideran expresar. Desde o punto de vista xornalístico, o 1984 foi un ano apaixonante, lembra Pablo Lago.
A primeira emisora municipal en Galicia fora Radio As Mariñas. Comezara a emitir en Oleiros o 25 de xullo de 1980. Pero a súa emisión durou só setenta minutos, xa que a garda civil se presentou nos seus estudios e precintou os equipos. Despois daquela experiencia frustrada, colleu a testemuña en 1984 Radio Fene. Poucos dias despois chegou o Hortensia.
O pórtico de Astano cambaleouse e media Galicia o sabía. Unha oínte chamaba angustiada á recen estreada emisora municipal porque o vento lle descabezara a casa, e aos poucos,avisaban de un hotel ofrecendo pensión de balde provisionalmente. Outra chamada pedía tellas plantas e ao pouco tempo aparecía a mercadoría a domicilio. O escritor Manuel Rivas escribiu unha reportaxe no xornal El Pais afirmando que o Hortensia quedou incorporado á lenda popular en Galicia. Din que nese século xa houbera ventos fortes. Pero ningún derrotara ao tilleiro de Ares, ata que aquel vendaval deshumano o arrincou de raíz na mañá do 4 de outubro de 1984.. Aquel mal vento pasará á pequena letra da historia, pese a que os científicos non lle adxudicaron categoría de ciclón.
Imaxe: Pablo Lago en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora