ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Rede Galega no Reino Unido celebra unha festa de entroido en Londres. O programa inclúe un espectáculo do actor Diego Freire, o concerto debut do grupo de pandeireteiras ‘Son da illa’ e unha foliada, entre outras accións. A festa será este sábado, 8 de febreiro, de 14 a 20 horas, no YAA Youth Centre da capital británica.
A asociación Rede Galega en UK (REGA-UK) segue a promover a cultura galega no Reino Unido. Este sábado, 8 de febreiro, o colectivo organiza un evento para festexar unha das celebracións máis sobranceiras de Galicia: o entroido. A proposta terá un marcado sabor cultural pero sen esquecer a idiosincrasia destas festas. A actividade conta coa colaboración de Producións Dispersas e tamén doutras organizacións socioculturais galegas da capital británica como Galegos Morriñentos e Galego en Londres.
Como en anteriores ocasións, REGA-UK mesturará ao longo da xornada manifestacións culturais diversas como o teatro, a música ou a gastronomía. Desta volta o actor Diego Freire (na imaxe) vén convidado desde Galicia para representar o seu espectáculo ‘Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)’. Ademais, esta festa de entroido será o día do debut de ‘Son da illa’, un grupo de pandeireteiras formado por cinco galegas da diáspora londiniense: Antía Quintas, María Yáñez, Saleta Rivas, Sandra Baña e Natalia Cabana. O programa completarase con foliada, concurso de disfraces, actividades para nenos e moito máis.
A festa vaise desenvolver en The YAA Centre [1 Chippenham Mews, Londres, W9 2AN] de 14 a 20 horas. A entrada anticipada ten un prezo de 12 libras e de mercarse na porta o seu custo será de 15 libras. En ambos os dous casos, o tícket inclúe unha bebida e unha tapa. O acceso é gratuíto para os menores de 16 anos. Para a compra anticipada é preciso realizar o ingreso na conta bancaria de REGA-UK co número 30695760 (sort code 30-90-99) e poñer como ‘payee reference’ ENTROIDO-Apelido. A recadación destinarase integramente á organización de actividades socioculturais no Reino Unido promovidas por REGA-UK.
Publica o teu comentario agora