O Antroido xa está aquí

O Antroido xa está aquí

21 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Antroido xa está aquí. Os primeiros concellos da comarca en estrearse son Narón, Ferrol e As Pontes. A vixésimo novena edición da festa do grelo das Pontes arrinca mañán cediño. Todo listo para comprobar a calidade do grelo da zona e para que entre o aire carnavaleiro na vila. Hoxe os protagonistas son os camioneiros.

As 11 da mañán do domingo ábrese a exposición de cestas de grelos nas Pontes mentras a musica dos Ponteses, Os Trevillas e as bandas Alfaia  e Alende, soan polas ruas. A 1.500 € ascenden os premios este ano. Dende as 12,30 ás 3 os visitantes poden sentarse a degustar as 700 racions de lacón con grelos previstas, ao prezo de 8 €. No auditorio municipal, o antigo cine Alovi comezará ás 6 o festival de comparsas.
Mañán o grelo e hoxe os camioneiros son os protagonistas doutra festa nas Pontes. A X Festa do camioneiro que reúne a ducias deles nas ruas pontesas.  Unha festa que ven de recuperarse e que trae novidades como a exposicion de camións antigos.  

En Ferrol degustaránse dende as 9 da noite, na praza de Armas, centos de racións de lacón con grelos. Antes, no mesmo escenario e baixo unha carpa celébrase a festa infantil de disfraces dende as 5da tarde.    O concello de Narón madruga co carnaval. A edil de festas, Manuela Pérez Sequeiro, anunciou que este ano contarán con oito agrupacións no desfile de comparsas. Catro delas son do propio concello de Narón. Sairán da Praza da Constitucion ás 5 da tarde dirixíndose á Praza de Galicia.  Cando rematen a actuación as comparsas comezará, sobre as 9 da noite,  un baile amenizado polo grupo Xente Nova. No transcurso do baile, un xurado observará os disfraces para despois repartir premios entre os mellor valorados.

Sociedade