O Apalpador chega ás Fontiñas

O Apalpador chega ás Fontiñas

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O Apalpador chega ao Centro Socio Cultural das Fontiñas de Santiago de Compostela. Todos os dias dende as seis e media da tarde ata o sábado realizaráse o obradoiro de xoguetes do Apalpador. Ademais as seis desta tarde presentaráse para nenos e nenas o libro de contos do Apalpador, con ilustracións de Leandro Lamas.

O Apalpador é un xigante bonachón, de profesión carboeiro que ainda se lembra na zona do Courel. En lugares da Terra de Trives coñécese como o Pandigueiro. E unha personaxe mítica do Nadal que mora todo o ano nas devesas das altas montañas de Galicia. Baixa ás aldeas, vilas e cidades na noitiña do 24 ou do 31 de decembro para apalparlles o bandullo a rapaces e rapazas por ver se comeran ben durante todo o ano. Ao marchar o Apalpador deixalles aos pequenos castañas e agasallos feitos a man. Os Concellos de A Coruña e Santiago teñen programado diferentes actividades para recuperar a figura do Apalpador. O programa de actividades lúdicas en Compostela chámase "Apalpando as ilusións".

Sociedade