O Ateneo ferrolán prepara un congreso sobre Hildegart

O Ateneo ferrolán prepara un congreso sobre Hildegart

22 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un congreso sobre Hildegart Rodriguez Carballeira é un dos proxectos nos que traballa o Ateneo Ferrolán.  A nova directiva quere impulsar un programa participativo aberto ás colaboracións. “ O gran patrimonio do Ateneo é a súa masa social moi comprometida coa cultura” afirma o presidente Eliseo Fernández.

A nai de Hildegart, Aurora Rodriguez Carballeira, naceu en Ferrol en 1879. Hilde alternou na década dos anos trinta os traballos periodísticos con actuacións directas en mitins e conferencias. Disertou sobre temas políticos e sexuais. En 1933 Aurora matou  á súa filla e recibiu condea por ese feito. O persoeiro de Hildegart suscita moitas reflexións de actualidade, segundo Eliseo Fernández.

Relacións tensas

As relacións co Concello de Ferrol siguen tensas aínda que están negociando. A rehabilitación da sede do Ateneo levouse a cabo porque a entidade cultural estaba falta de espacio. A sorpresa chegou ao remate das obras cando o concello lles obriga a compartir o inmoble con outras tres entidades. Agora teñen menos sitio e non contan co ambigú que lles proporcionaba uns fondos dos que agora carecen.
A débeda económica do Ateneo é importante por iso emprenderon unha campaña de alta de novos socios e outra de axuda ao Ateneo. Grazas á colaboración dos traballadores que aceptaron esperar a cobrar os atrasos do 30% do salario poden ir capeando o temporal. Segundo Eliseo Fernández, agardan poder ter superavit pronto.

Sociedade