O atleta de Kenia Peter Kirui vence na XXX carreira popular de Negreira

O atleta de Kenia Peter Kirui vence na XXX carreira popular de Negreira

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O atleta de Kenia Peter Kirui venceu esta mañá na XXX edición da carreira popular de Negreira cunha marca de 29,23. O tamén keniano Barnaba Sigei (29,31) logrou a segunda posición, mentras que foi terceiro Merhawi Tadesde de Eritrea (29,33). O gañador recibiu un premio de 1000 € en metálico.

A carreira de Negreira convertiuse xa nunha clásica nas probas atléticas de Galicia. Os seus 10.000 metros son especialmente duros polas costas que os deportistas atopan no percorrido. O atleta de Negreira Luis Calvo empezou a carreira cun bó ritmo disputandolle ao inicio os primeiros postos aos atletas africanos. Pero xa aos poucos minutos, un grupo de 8 atletas rompeu a proba pola súa velocidade. Os africanos marcaron a carreira. O ano pasado venceu o tamén keniano Titus Massai (29.49)

Un dos primeiros atletas galegos na clasificación foi Jorge Crespo, quen agradeceu a presencia e o ánimo do numeroso público congregado ao longo do percorrido.

Deportes