ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá, o vindeiro domingo 9 de maio do 2010 contra as 20.30 horas, a música do compositor ruso Piotr Illich Tchaikovsky, xa que a compañía interpretará a ópera “Eugene Oneguin”.
“Eugene Oneguin” é unha ópera que se desenrola en seis escenas líricas agrupadas en tres actos, cun libreto baseado na novela homónima en verso dun dos grandes nomes da literatura rusa e universal, Alexandr Pushkin.
As connotacións biográficas e de modernidade colocaron a Eugene Onegin nun lugar privilexiado dentro do repertorio operístico internacional, superado en popularidade a outras óperas do autor.
As arias mais coñecidas da ópera inclúen a da carta de Tatiana, a reflexión de Lenski antes do duelo e a do Príncipe Gremin sobre Tatiana. A música tamén conén varios ballets moi coñecidos, ademais da famosa polonesa do ballet do último acto.
The Concerlirica Opera Company está dirixida por Vladimir Brubeskiy e Ludmila Estrelsova, que é a directora do coro. A escea corre a cargo de Igor Ivanov, mentres que o elenco conta con Venseslav Anastasov (Barítono), Antonio Pérez Iranzo (Tenor), Ana Usova (Soprano), Ana Masudova / Natalia Matieva (Mezzosoprano), Esvetlana Sitnik (Mezzosoprano), Svetlana Taran (Mezzosoprano), Yuri Alexeichuk (Baixo), Maksin Ivaschuk (Baixo), Pavel Numenko (Tenor).
O estreo desta obra tivo lugar no Teatro Mali de Moscú o 29 de marzo de 1879, xa que Tchaikovsky non consideraba a obra propia dun Teatro público. O estreo público de “Eugene Oneguin” tería lugar no Teatro Bolshoi da capital rusa o 24 de abril de 1881.
As entradas estarán a venta a partir do luns 3 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de 9€ e a venda anticipada de 7€.