O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá unha mostra de acuarelas de Eduardo Zurita de la Vega

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá unha mostra de acuarelas de Eduardo Zurita de la Vega

18 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As acuarelas de Eduardo Zurita de la Vega encherán o Auditorio Carmen Estévez a partir de hoxe e ata o vindeiro 6 de xaneiro. O propio pintor, acompañado polo alcalde de Vilalba, Gerardo Criado; o concelleiro de cultura, José María García Leira; e o presidente do Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) , D. Manuel Castro Santamariña; será o encargado de inaugurar a exposición a partir das 19.30 horas da tarde.

A mostra está constituída por 21 obras realizadas en acuarela e cunha temática variada na que domina a paisaxe urbana e natural da capital chairega e o seu entorno. Este conxunto de pinturas poderá visitarse en horario de apertura do auditorio ara o próximo mércores 6 de xaneiro.

 

Festival de Nadal en Guitiriz

O Vindeiro sábado de 19 de decembro, a Casa Habanera de Guitiriz acollerá o "Festival de Nadal" da Escola de Música da vila a partir das 20:30 h. Neste evento actuarán os alumnos da Escola de Música, o Coro, a Banda Infantil e a Banda Municipal.

Cultura