O autobús da rede de dinamización da sociedade da información chega hoxe a Mondoñedo

O autobús da rede de dinamización da sociedade da información chega hoxe a Mondoñedo

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten parada no Concello de Mondoñedo co autobús informativo sobre as Novas Tecnoloxías. Esta iniciativa, dependente da Consellería de Innovación e Industria, trata de promocionar o uso das TIC, así como amosar as súas diferentes utilidades para a poboación. O vehículo de Industri

O autobús –que xa pasou polas localidades de Sada, Ames, Tomiño, Nigrán, Pontevedra, Sanxenxo, Cuntis, Vilagarcía­, Maceda, Castrelo de Miño, Burela, Lugo, Ribadeo e Carballedo– está equipado con computadores con sistema operativo libre e en galego e conexión a Internet, aos que os cidadáns poderán acceder libremente. Así mesmo, entre outras actividades, desenvolveranse no propio vehículo diversos obradoiros, como o de “Alfabetización dixital: Informática e Internet”, proxectaranse vídeos sobre a Rede de Dinamización e distribuirase material divulgativo da Rede. Ademais, a poboación poderá utilizar de xeito gratuíto as instalacións do bus.

Sociedade