O autobús dos xubilados de Chapela

O autobús dos xubilados de Chapela

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A concellería de servizos sociais buscará solucións para evitar os prexuizos que lles vai provocar aos xubilados de Chapela a decisión de Caballero de subvencionar o Vitrasa  só a aqueles xubilados que estean empadroados en Vigo. A edil Rosa Costas mostrou a súa preocupación pola eliminación do servizo de tarxeta para pensionistas a aqueles xubilados que non residan ou consten como empadroados na cidade olívica

Unha medida anunciada dende o goberno que preside Abel Caballero e que afecta especialmente aos usuarios da parroquia de Chapela, que dende hai máis dunha década fan uso deste transporte. Un servizo moi empregado, xa que unha das liñas do Vitrasa, a C-3, comunica o Alto da Encarnación, e os barrios de A Lamosa en Trasmañó e Pregal en San Estevo de Negros co centro da cidade.

 

 

A pesar de que os redondeláns levaban maís dunha década empregando esta tarxeta o rexidor vigués foi rotundo na súa negativa a continuar financiando este transporte público a aqueles pensionistas que non estean censados en Vigo. Unha medida que se adoptou a finais do pasado ano e que está xa en vigor. O goberno vigués xustifica esta decisión polo elevado custe que lle supón á cidade financiar a gratuidade do trasporte. Caballero entende que debería ser o concello de Redondela quen financiase este servizo aos seus veciños.

Sociedade