ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Redondela aporta 75.000 euros ao plan de transporte da área metropolitana de Vigo. A súa posta en marcha reduciría o prezo do billete a 0’71 céntimos. Así o confirmou o concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias quen asegurou que dado o avanzado das negociacións este plan de transporte podería comezar a funcionar antes do verán “no prazo de dous ou tres meses” aínda que puntualizou que &ld
O convenio asinado entre o Concello e a Xunta ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno da área metropolitana e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.
Para acadar ese obxectivo a medida máis salientable é a redución no prezo dos billetes que deben aboar os usuarios e que pasarían a custar 71 céntimos o que supón unha rebaixa de case o 50% xa que o traxecto en autobús Vigo-Redondela custa a día de hoxe 1’40 céntimos.
Ademais este plan de transporte prevé que o usuario poida empregar co mesmo billete varios medios de transporte no prazo de 45 minutos “o que permitiría a un veciño de Redondela desprazarse á cidade de Vigo e unha vez alí coller un segundo autobús para moverse polo centro urbano sen un custe adicional”.