ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O escritor angolano Ondjaki, pseudónimo de Ndalu de Almeida, visita Galicia convidado pola Libraría Ciranda de Compostela. No espazo da rúa da Travesa, Ondjaki, que foi Prémio José Saramago 2013 pola obra "Os Transparentes", conversará mañá martes, a partir das 20 horas, coa catedrática en Literaturas Lusófonas da Universidade de Santiago Felisa
Ondjaki naceu en Luanda en 1977. Prosador e poeta, tamén escribe para cinema e teatro. co-realizou un documentario sobre a cidade de Luanda (“Oxalá cresçam pitangas – histórias de Luanda”, 2006). É membro da União dos Escritores Angolanos, membro honorario da Associação de Poetas Húngaros e membro fundador mais non permanente da Associação Protectora do Anonimato dos Gambuzinos. Está traducido para francés, español, italiano, alemán, inglés, servio, sueco, chinés, swahili e polaco.