ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As foliadas atraen cada vez a máis xente nova. Desde Ourense ata a Coruña, pasando por Narón e Ferrol, o canto e a música tradicional e espontánea congrega a rapaces e rapazas das máis variadas procedencias. Artabria en Ferrol anuncia a primeira sesión- vermú foliada do ano 2026.

Contará coa animación de Vai Rañala meu! e terá lugar o sábado 17 de xaneiro desde as 13,30 no CS Artabria, na Travesa de Batallóns, 7 en Ferrol. Animan a acudir cos instrumentos e anuncian petiscos a prezos asequibeis. Colabora a Deputación da Coruña.
Xurxo Souto é un dos animadores máis auténticos das foliadas. Na imaxe no Festival de Podcast de Galicia celebrado en Maniños (Fene) o 21 e 22 de novembro de 2025
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora