ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Case borrado da memoria cidadán está o suceso que rematou cun avión caido entre Limodre e San Martiño do Porto. A prensa da época fíxose escaso eco da caída da avioneta que rematou coa morte dos seus tres tripulantes. Na ditadura franquista, as crónicas de crimes enchían as páxinas dos periódicos, os informativos da radio e da nacente televisión, pero había un certo apagón informativo en torno a accidentes que puideran dar unha imaxe atrasada de España. Era un capítulo prohibido na ampla información de sucesos.

Unha avioneta estrelouse en Limodre o 13 de agosto de 1968. No accidente morreron os tres tripulantes da aeronave, dous deles veciños da Coruña. A altura dos montes do Pudrical perdeu altura, pegou un forte golpe contra unha arbore, quedando sobre o camiño que vai de San Martiño a Limodre. A avioneta dirixiase a Pamplona, era propiedade do Aero Club de Guipuzcoa. O seu piloto era o veciño de Pamplona Fernando Pérez Marqueta. Tamén viaxaban Manuel Sanchez Estevez, natural de Verín e veciño da Coruña e Gerardo López Suárez tamén da Coruña. A avioneta fora alugada pola firma de frigoríficos Super Ser. Veciños de Laraxe, Limodre e San Martiño do Porto axudaron nas tarefas de rescate. O sinistro ocorreu ás cinco da tarde, nun dia pechado de choiva e néboa. Estrelaronse contra as arbores de gran altura que se encontraban no lugar.
A veciña de Limodre Olimpia Noche lémbrase do accidente. Ela contaba con 22 anos e se encontraba no lavadeiro da Rúa. Sentiu o impacto e sabe de xente de Limodre que se achegara ao Pudrical, nas inmediacións da capela do Bó Xesús.
Imaxe de Rio Sandeu en Limodre
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora