ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os novos Groviland van ser inevitábeis, afirma o escritor Cándido Barral que apunta a un bárbaro concepto do capitalismo en alza no Estados Unidos de Trump ou no Brasil de Bolsonaro. "Vox é o franquismo que se cre esquecido" para Barral que observa con preocupación o corremento cara a ultradereita do mapa político no mundo.
O esquecemento non ten cabida na democracia. E a memoria é presente e unha aposta de futuro para manter a democracia e o pluralismo político. Nesa liña situase o libro Groviland, do xornalista Cándido Barral. Escoitamos a conversa sobre o volume no clube de lectura de Radiofusión. Participan Antonio Tizón, Leo Toral, Henrique Sanfiz, e Cándido Barral. O autor do libro publicado por Medulia reclama que se poida realizar un enterro digno a xente que aínda está nas cunetas.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora