O Bailarín, un forte carácter na guerrilla antifranquista

O Bailarín, un forte carácter na guerrilla antifranquista
25 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

En xullo de 2021, Cathy Álvarez Valle, artista residente en Liege, chegou aos montes de Casaio, en Galicia, en busca dunha historia familiar. O seu avó, Manuel Álvarez Arias, o Bailarín, foi un dos moitos guerrilleiros que poboaron eses montes durante a posguerra, fuxindo da represión que o novo estado franquista puxo en marcha tras a guerra civil. 

ESCOITA O PODCAST:
Carlos Tejerizo

O Bailarín era veciño de Casaio, moi coñecido na comarca polo seu forte carácter e liderado. A materialidade e a arqueoloxía serviron como un medio para canalizar e confrontar unha historia traumática familiar e, así, darlle unha perspectiva orixinal, construtiva e colectiva a esa memoria, afirma o profesor Carlos Tejerizo-García (Universitá degli Studi di Genova). Interveu nas Xornadas sobre a Federación de Guerrillas de León- Galicia, celebradas en Carucedo o 10 e 11 de decembro de 2022, organizadas por Edicións Positivas e Sputnik Labrego. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora