O balón duraba pouco

O Perlío feminino visita ao Cariño, rival directo, o domingo 16, ás 12h.
11 de Decembro, 2018 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

O Cebarca freou ao Perlío na súa escalada. Un empate a ceros so deixou sumar un punto ás fenesas que na próxima xornada visitan ao Cariño, as súas rivais máis directas neste momento.

ESCOITA O PODCAST:

Cebarca 0- Perlío 0. Ese foi o resultado do partido da Liga Feminina de Futbol 8 xogado o sabado no municipal Bernardino Breijo. Un resultado que deixa ao Perlío na quinta posición da táboa e a punto de enfrentarse esta semana ao directo rival, o Cariño que ocupa o cuarto lugar co mesmo número de puntos, 23. "O balón non nos duraba nada" afirma o técnico do Perlío, Juanjo Lorenzo. O campo de herba natural tampouco axudou nada ás xogadoras do Perlío, afeitas a unha superficie artificial. En defensa estiveron moi ben, en declaracións de Lorenzo que tivo palabras de eloxio para o adestrador de gardametas do Perlío, Fran Caldevilla. O peor do partido foi a lesión das xogadoras Antía e Carla que se veñen sumar ás que xa estaban na reserva.

Juanjo Lorenzo agarda recuperar a algunha para o próximo choque co Cariño. Toca xogar fora de novo porque empezamos a segunda volta. Será o último desprazamento longo da temporada e será un partido importante porque o Cariño é rival directo do Perlío feminino, ocupando a cuarta praza e as fenesas a quinta, empatadas a puntos (23). Emoción e rivalidade non vai faltar. Tampouco marcar de cerca a Eva, xogadora do Cariño de leva 24 goles marcados, a razón de dous por partido.

Deportes

Publica o teu comentario agora