O balón estaba tolo

O balón estaba tolo
27 de Febreiro, 2024 - 03:06 h. | Publicada por Radio Fene

“O día non estaba para practicar fútbol”. Orillamar 3-0 Perlío na Terceira Galega de fútbol feminino. Comentamos o partido coa delegada de equipo do Perlío, Conchi López. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Felicitar a todas as xogadoras que estiveron no campo da Torre, porque chovía moitísimo, o balón estaba tolo e o vento non se sabía nin por onde viña”. Nesas condicións disputouse o partido. Non se libraron nin as que quedaron no banco “todo o tempo molladas e pasaron frío”. “O xogo non foi malo, estiveron ben colocadas”, pero as cousas torcéronse pronto para o Perlío, “cun gol moi cedo, no minuto seis”. “Gustoume, sabe trenzar ben o xogo”, recoñece Conchi López os méritos do Orillamar. 

Deportes

Publica o teu comentario agora