O Barallobre na encrucillada

O Barallobre na encrucillada

23 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

A S.D Barallobre "despelexou" aos seus rivais no último tramo da Liga da Segunda Autonómica de fútbol. Colocouse na cornisa, coqueteou coas posicións de descenso, pero a vitoria fronte ao San Sadurniño na penúltima xornada de Liga e a derrota do Narón B en Maniños no último partido, permitiulle ao equipo do Ramo asegurar a categoría. Mañá domingo enfrontase a outro dificil compromiso. Celebra unha asemblea de socio

A S.D. Barallobre formou na temporada 2011-2012 equipos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e na Segunda Autonómica. Parte da actual xunta directiva anunciou a súa imposibilidade de continuar nos cargos. Nesa situación de encrucillada, chégase á asemblea de socios que deberá definir o Barallobre que quere Barallobre para a vindeira campaña. A asemblea comezará este domingo ás 11 da mañá no campo do Ramo.

Deportes