ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Cada vez quedan menos xornadas, pero mentres sexa matematicamente posible, o equipo do Ramo ainda soña con clasificarse para a promoción do ascenso. A vindeira xornada recibirá ao Narahío, nunha auténtica final” indica o míster do conxunto verde Borja Mesa.

O Barallobre domina pero non rompe o muro do Cebarca (0-0) Borja Mesa amósase satisfeito co esforzo dos seus xogadores pero lamenta a falta de puntería: "En condicións normais o resultado sería de 3 ou 4 a 0". Empate sen goles no duelo da Segunda Futgal entre o Barallobre e o Cebarca, onde os locais levaron o peso do partido de principio a fin. O técnico do Barallobre, Borja Mesa, destacou a actitude dos seus: "Saímos moi enchufados e tivemos ata seis ocasións claras, pero foi o típico día en que podes estar xogando 180 minutos e a pelota non quere entrar". Malia o empate, o vestiario mantén o ánimo alto tras unha segunda volta moi positiva. O Barallobre non renuncia a nada mentres as matemáticas acompañen: "A nosa esencia é pelexar ata o final".
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora