O Barallobre quere pasarlle o pisón ao Cedeira

O Barallobre quere pasarlle o pisón ao Cedeira

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Barallobre quere pasarlle o pisón ao Cedeira. O equipo do Ramo é quinto na Segunda Autonómica de fútbol, con 39 puntos. Os cedeireses son undécimos con 25. O partido xogaráse adiantado mañá sábado ás catro e cuarto da tarde.

O Barallobre recuperou o campo do Ramo grazas ao tempo seco desta semana. A directiva pasoulle o pisón ás instalacións da ribeira e xa se atopan en estado aceptable para a práctica do fútbol. O equipo de Agustín Fernández agarda que iso sirva para recuperar a senda das victorias e finalizar esa racha de 4 partidos sen gañar. O adestrador contará coa única baixa de Jorge Sánchez que sofre unha contractura.

Deportes