ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O barrio da Pescaría na Coruña testemuña a relación da cidade herculina co mar. A Pescaría estendíase desde a actual Praza de María Pita a onde agora discorre a rúa Juana de Vega. Era o núcleo comercial e pesqueiro da Coruña. A comezos do século XVI duplicaba a poboación da cidade vella. No século XIX o barrio ampliouse cara o Orzán, coa construción do Recheo e a aparición dos xardíns de Méndez Núñez. Xurxo Souto falou da pescaría no roteiro de presentación do podcast Lobos doentes celebrado o pasado sábado na Coruña.
O roteiro cubriu todas as prazas dispoñíbeis. Tamén falaron o comunicador Cándido Barral, o académico Xosé Luís Axeitos, o escritor Antonio Tizón, o director de Radiofusión Henrique Sanfiz e o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira quen se referiu á relación da autora de Cantares Gallegos coa cidade herculina. Eugenia Sanmartín interpretou as súas cancións no marco da Praza da Fariña na Cidade Vella da Coruña. Franki Muiño interpretou algúns fragmentos do podcast en diferentes localizacións.
Lobos doentes poderá escoitarse en www.radiofusion.gal e nas emisoras municipais a partir de novembro con guión de Antonio Tizón (a partir da novela do mesmo nome que publicará Xerais en xaneiro de 2023) e dirección de Eugenia Sanmartín.
Fotografía: Xan Xe
Publica o teu comentario agora