ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Espazo Dialoga, impulsado polos Colexios profesionais de Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía, organizou o I Encontro Galego de Profesionais do Benestar, que se desenvolveu o pasado sábado no Hotel Congreso, en Teo. Configúrase como un punto de encontro para profesionais, no que tamén participou a cidadanía colaborando e suxerindo todo o que consideraron oportuno para a mellora do sistema de Benestar. Foi a ocasión para dar visibilidade á s
A experta en Servizos Sociais, Isabel Grandal, foi a encargada da conferencia-coloquio inicial, sobre a evolución do sistema de benestar social. Fíxose unha análise detallada mediante un conversatorio guiado pola xornalista Valeria Pereiras, e no que participaron representantes dos tres colexios organizadores, rematando a xornada coa elaboración de conclusións que servirán para guiar o traballo conxunto entre os colexios profesionais e poder achegarlle estas mesmas á administración.
Espazo Dialoga
Impulsado polos Colexios profesionais de Traballo Social, Educación Social e Psicoloxía, creouse para unificar esforzos e criterios para unha calidade óptima da actividade profesional no eido do Social. Un dos seus obxectivos é o de velar pola existencia e consolidación dun Sistema de Benestar amplo e de calidade que non dependa de flutuacións políticas e/ou económicas.