O benestar dos nosos maiores

O benestar dos nosos maiores

26 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Departamento de Servizos sociais do Concello de Boiro, dentro do proxecto que está a desenvolver de “Fomento de hábitos de vida saudables na terceira idade”, levará a cabo este vindeiro luns, día 29 de novembro o último obradoiro desta iniciativa. Esta última sesión terá lugar nas instalacións do campamento xuvenil de Espiñeira, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os maiores recibirán información sobre características e beneficios da medicina natural e das propiedades de plantas e tratamentos naturais para enfermidades comúns. Tamén realizarán dinámicas e xogos varios potenciando a actividade física.

En edicións pasadas, os maiores participaron en charlas sobre alimentación, obradoiros de cociña, excursións e roteiros pola Illa de Arousa e Monte Pindo (Carnota), así coma nun taller de reciclaxe.

Sociedade