O berro unánime deste 8 de marzo

O berro unánime deste 8 de marzo

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Cen anos loitando, cen anos creando”. Baixo este lema conmemora a Marcha Mundial das Mulleres este 8 de marzo. Este centenario e o lanzamento da III Acción Mundial das mulleres centran as reivindicacións deste 2010. Desde o nacemento da marcha cada cinco anos faise fincapé para que as voces das mulleres se escoiten nun movemento de fortalezemento a prol delas. A acción internacional comeza este 8 de marzo e culminará o 17 de outubro cunha mobilización e

A loita polo dereito ao voto nos primeiros anos do século XX, a mellora das condicións laborais e dos dereitos públicos, o dereito a decidir constitúen algunha das conquistas acadadas a favor da muller ao longo da historia. Malia todo queda moito polo que seguir traballando sobre todo en determinados países do mundo, sinalou Bárbara Primo da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol esta mañá en Radiofusión. Por isto lánzase a III acción Mundial das Mulleres. Nela ponse o acento no eixo da paz e a desmilitarización na República do Congo. Alí debátese unha guerra cruenta que destroza á poboación e azouta principalmente ás feminas. A marcha quere denunciar a realidade que se agocha destrás destas disputas como os intereses económicos, o control dos recursos naturais ou as violacións que se producen como botín de guerra. Ante isto, “hai que proclamar a necesidade de contar coas mulleres nas negociacións de paz”, sinalou Bárbara Primo.

Nesta xornada na que se lembra máis que nunca ás mulleres e a súa realidade celebraranse diversos actos en varias ciudades galegas. En Ourense a partir das cinco e media da tarde levarase a cabo unha concentración-obradoiro onde se crearán as “marchantas”. Unhas bonecas vestidas de distintos xeitos para reivindicar “os nosos soños, o mundo que desexamos e dar a coñecer a opresión que sufrimos”, explicou. Na Coruña ás oito do serán terá lugar unha festa de celebración na Praza das Conchiñas. A cidade olívica acolle ás oito  unha manifestación que sairá da Praza de Portugal.  Media hora máis tarde arrincará outra manifestación en Compostela desde a Praza do Toural e en Pontevedra unha concentración na Praza 8 de Marzo. En Ferrol, ás oito da tarde no Cantón de Molíns presentaranse as bonecas reivindicativas, as marchantas. Estas serán as grandes protagonistas deste sábado 13 de marzo en Santiago no que Compostela se convirte no centro galego da III Acción Internacional onde se xuntarán  as marchantas realizadas en toda Galicia.  

Sociedade