ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Despedímonos do boticario Don Saturio para entrar no segundo lance desta adaptación radiofónica desta senlleira obra de Castelao, no que imos coñecer a Don Ramón, outro dos protagonistas “Os Vellos non deben de namorarse”.

Imaxinen vostedes: Don Ramón na estancia do seu pazo no que colgan os fidalgos retratos da nai e do pai...Don Ramón está tan bébedo que todo lle costa traballo... ata sentarse!!
Don Ramón bambéase pola estancia sen acougo, e, fíxense ben vostedes: os ollos dos retratos fitos nel ségueno dun lado a outro, asañados.
Esta adaptación radiofónica está guionizada por Antonio Tizón, dirixida por Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos. Máis de 20 persoas de equipo artístico e técnico deron vida a esta obra de Castelao.
O grupo Merlín e Familia está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Na imaxe, Ángel Simón, a voz de Don Ramón.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora