O BNG analisará con calma os resultados das eleccións

O BNG analisará con calma os resultados das eleccións

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A sociedade vai ver un BNG actuante, afirmou esta tarde o voceiro do Bloque Anxo Quintana nunha comparecencia na que achacou os malos resultados da súa formación nas eleccións autonómicas celebradas na xornada de onte domingo á situación de crise económica. O vicepresidente da Xunta en funcións non despexou o seu futuro político inmediato indicando que os nacionalistas debaterán en profundidade e con calma as

O ex alcalde de Allariz pediu respeito para a súa formación política, reclamando o tempo necesario para analisar a fondo os resultados electorais.

 

 En rolda de prensa, Quintana sinalou que acata a decisión da cidadanía, que outorgou maioría ao PP, e asegurou que agora a máxima preocupación do Bloque é a sociedade galega. Preguntado por se pensou en dimitir, o dirixente nacionalista asegurou que no Consello Nacional que será convocado proximamente o Bloque decidirá cal é o proxecto que vai desenvolver e que persoas o liderarán.

Sociedade