ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O BNG de Santiago organizou na praza do Toural un reparto do material informativo “Por unha Patria Soberana” para convocar a manifestación prevista para o domingo 15 de setembro que sae ás 12:00 da alameda compostelá e remata na praza da Quintana. Despois haberá un xantar e unha festa "para rematar o día con azos anovados para este curso político", explicou a concelleira Elvira Cienfuegos.
A edil nacionalista referiuse a que esta manifestación será nunha “data extraordinaria, pois o BNG convocou ininterrompidamente a celebración do Día da Patria cada 25 de xullo mais este ano con motivo da traxedia de Angrois houbo que suspendela”.
"É unha manifestación importante para a reafirmación da identidade colectiva, a reflexión, a reivindicación e a festa, que este ano se convoca co lema “Por unha Patria Soberana”. “Necesitamos soberanía non só para defender a nosa lingua, cultura, paisaxe e sinais de identidade, senón tamén para rescatar a democracia que está secuestrada polo poder económico”, indicou.
“Convocamos a toda a xente, en particular hoxe á xente de Santiago, coa idea de parar a desfeita que lle afecta aos sectores produtivos, aos dereitos colectivos e aos servizos públicos, tamén a aquela xente afectada pola estafa das preferentes, pola calidade do ensino, da sanidade e dos servizos sociais, que queira sumarse para reclamar solucións a todos estes problemas”, concluíu Elvira Cienfuegos.