ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Bloque Nacionalista Galego urxe a ampliación do Instituto de Fene. Os nacionalistas demandan do alcalde Iván Puentes celeridade na execución deste proxecto acordado en pleno en Novembro de 2007.No acordo plenario cedíase unha parcela á Consellaría de Educación da Xunta para acometer a ampliación do centro educativo.
Segundo os nacionalistas, "van cumprirse dous anos do citado Pleno, e ainda non se executou o acordo, escudándose o alcalde en problemas técnicos de medición e segregación das parcelas". O Bloque afirma que estes trámites non xustifica un retraso de 20 meses desde a adopción do acordo.
A actitude do goberno municipal, no último pleno da Corporación, votando en contra da urxencia da moción que pedía celeridade nos trámites, resulta como mínimo sorpendente para o BNG.Para os nacionalistas, a comunidade educativa do Instituto do Pazo, está a pagar a inoperancia, inactividade e deixación do goberno local.
Así as cousas o Bloque Nacionalista Galego de Fene presenta unha moción onde manifesta a urxencia de ampliar o IES fenés. A premura é maior agora coa segregación de centros entre o Instituto de Ensino Secundario e o Centro Integrado de Formación Profisional. Instan do alcalde a execución do acordo plenario de novembro de 2007 e solventar os atrancos que poidan existir. Asemade reclaman a formación dunha comisión con representantes de todos os partidos políticos, e das direccións do IES e do CEIFP de Fene e a solicitude dunha entrevista co Conselleiro de Educación para trasladarlle esta problemática.