O BNG de Fene denuncia a inoperatividade e a falla de planificación da Concellería de obras

O BNG de Fene denuncia a inoperatividade e a falla de planificación da Concellería de obras

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Fene advirte dunha falla de seguimento e planificación nas obras do  Fondo estatal de investimentos locais (plan  anti -crise) impulsado polo goberno central. Este proxecto concebido para combatir o desemprego  está  a dar  diferentes problemas no concello,segundo afirman os nacionalistas.

Os nacionalistas feneses detectan farolas instaladas no medio das beirarrúas en Maniños e Barallobre pola falta xestión e planificación por parte da concellaría de obras. Tamén na Rúa da Patria Galega e na Rúa Santiago de Barallobre hai lugares nos que é imposible agora circular pola beirarrua cunha cadeira de rodas ou cun carro de bebé, tendo que baixar á calzada, cun claro perigo en zona de curvas ou de escasa visibilidade.

Aquí non rematan as deficiencias denunciadas polo Bloque. Segundo a formación nacionalista nas obras de mellora das dependencias da Policía Local non se prepararon estancias alternativas polo que este servizo público carece de medios para traballar. O portavoz nacionalista Manuel Polo solicitará unhas dependencias provisionais e con medios axeitados para que os veciños podan recibir o  servizo coas mínimas molestias.
 
O BNG proporá unha serie de iniciativas para  mellorar o seguimento das obras, ante o que cualifican de inoperatividade e falla de planificación da concellaría de obras. Deste xeito solicitarán unha comisión informativa extrordinaria da área de desenvolvemento territorial.

Institucional