O BNG defende no Pleno de Narón, a rebaixa do IVE para os salóns de peiteado.

O BNG defende no Pleno de Narón, a rebaixa do IVE para os salóns de peiteado.

03 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG defenderá no pleno de abril, en Narón, a rebaixa do IVE para os salóns de peiteado porque “as consecuencias do coñecido como “decretazo de Rajoy” aprobado en 2012 polo Partido Popular está a provocar o peche de numerosos establecementos do sector”. Segundo os datos do sector, o pasado 2013 pecharon 8.000 salóns de perruquería e estética no conxunto do Estado español, e as previsións indican para este ano pr

A aplicación do Real decreto lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade que foi aprobado polo goberno do PP no Estado español, e que foi coñecido coma o “decretazo de Rajoy” está a causar moito dano nun sector xa lastrado polas consecuencias da crise económica, xa que o seu contido implicou a suba do IVE que lles era de aplicación aos salóns de peiteado, o 8%, ao desorbitado 21% actual.

Falamos dun sector que promove unha importante actividade económica, coa conseguinte xeración de postos de traballo, que a día de hoxe está a demandar a rebaixa do Imposto de Valor Engadido, ante as graves consecuencias que está a ter a aplicación do IVE do 21%, que non son outras que o peche de establecementos e a perda de postos de traballo, ao que se suma o aumento da economía somerxida.

Sociedade