O BNG esixirá ao goberno central a documentación das axudas a Astano

O BNG esixirá ao goberno central a documentación das axudas a Astano

16 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG, a través do seu voceiro no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, esixirá ao goberno central a presentación dos documentos das axudas a Astano. Unha das premisas sinaladas polo comisario europeo, Joaquín Almunia, para o levantamento do veto do estaleiro pasa pola devolución destas subvencións. Segundo a formación nacionalista as cantidades sinaladas son moi inferiores ás que manexa a Unión Europea. 

Francisco Jorquera manifestou esta mañá en Ferrol a súa incredulidade á hora de condicionar a reenegociación do levantamento de Astano coa devolución das axudas ao estaleiro. “Existe un precedente dun estaleiro en Polonia que renegociou a súa situación sen retornar nengunha subvención”. Esta esixencia é un insulto e unha falla de respecto con Galicia, aos intereses galegos e á comarca de Ferrolterra e unha falla de credibilidade e seriedade do goberno de Zapatero, salientou Francisco Jorquera.

Unha decisión política que mantén paralizada a construcción naval civil en Ferrolterra, a zona de España con maior taxa de desemprego e perda de poboación, sinalou o dirixente nacionalista. O BNG cooperará coa plataforma “Rumbo XXI” tras a carta envíada aos representantes políticos en Madrid. Jorquera agarda que o PP, a través do deputado Fernández de Mesa, se sume a esta proposta e que os socialistas defendan os intereses dos que os elexiron. Os nacionalistas presentarán distintas iniciativas na Cámara Baixa buscando a reactivación da antiga Astano. 

Institucional