O BNG pídelle á Xunta que reaccione contra o “espolio do aforro galego”

O BNG pídelle á Xunta que reaccione contra o “espolio do aforro galego”

27 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

A portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Ana Pontón, instou hoxe a Núñez Feijoo a que “abandone a súa pasividade cómplice e mova ficha para evitar que, coa reforma financeira anunciada polo goberno de Rajoy, se espolie a Madrid o aforro galego”. Pontón valoraba así o anuncio do ministro Luís de Guindos de crear un Banco Público Estatal coas entidades estatalizadas, nucleado a partir de Bankia, e no que se disolvería tamé

Pontón denunciou que “despois de tres anos de políticas de austeridade constátase o seu fracaso, moito máis en Galiza, onde os resultados das políticas de Feijoo son máis paro, que se destrúa máis emprego que na media do estado, recesión e que se teña producido un incremento moi forte das desigualdades sociais”. Na mesma liña, Ana Pontón afirmou que “hoxe é un día para escandalizarse, pois vimos de coñecer que o Estado vaille entregar a Bankia máis de 23.000 millóns de euros de fondos públicos”. “Unha entidade -lembrou- que foi xestionada baixo a tutela de Esperanza Aguirre e do señor Rato despois, e o que deixan detrás de si é un auténtico desastre e un burato que agora pretenden que financiemos con fondos públicos”. 

Institucional