ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Debemos estar preparados para un anticipo electoral" afirmou este mediodia na Praza da Quintana de Santiago de Compostela o voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vázquez. O BNG celebrou a tradicional manifestación para conmemorar o 25 de xullo, Dia da Patria Galega. Segundo os convocantes, a marcha reuniu a máis de 20.000 persoas, o que a converteu na máis concurrida dos últimos anos.
Vázquez rematou a súa alocución, citando a Castelao: "Primeiro ser, despois triunfar. Porque aquel que non teña fe absoluta nas virtudes, en potencia, do noso pobo, non ten dereito a galvanizalo con promesas eleitoreiras e transitorias. Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós". O portavoz nacional do BNG encetou a súa intervención asegurando que Galiza “atópase nunha situación de emerxencia nacional, causada pola acción combinada do goberno Central e do da Xunta, e tamén por anos de aplicación de políticas europeas, de neoliberalismo, de centralismo, que nos levaron a un calexón sen saída”
Por iso, non dubidou en alertar de que “persistir na aplicación destas receitas fracasadas é simplemente suicida”
Fronte ao fracaso destas políticas, Guillerme considerou “vital cambiar de rumbo e ensaiar políticas alternativas como as que propón o BNG: Soberanía, Democracia e Traballo digno na Terra”.