ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A campaña nacionalista cara ás eleccións do 20-N levará por lema “A alternativa que te defende. O voto útil en Galiza”. A secretaria de organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, explicouno dicindo que “somos a alternativa porque propoñemos políticas alternativas fronte ao máis do mesmo de PP e PSOE”. O BNG pegará carteis en Santiago, fará o primeiro mitin central da campaña
Montse Prado tamén emprazou a Núñez Feijóo a “debater as súas propostas na televisión pública galega”. Nesa mesma liña, a secretaria de organización apuntou que “Feijóo non participa en debates, Rajoy non permite preguntas nas súas comparecencias e nin PP nin PSOE permiten ás cámaras o acceso aos seus mitins centrais. En Galicia, dende logo, ao PP venlle grande a democracia”.
Como vén sendo habitual, o BNG permitirá o acceso ás cámaras a todos os seus mitins, responderá a preguntas nas roldas de prensa e acudirá a todos os debates aos que se lle convoque, tal e como apuntou a directora de campaña.
Durante os 15 días que dura a campaña, o portavoz nacional participará en máis de 50 actos, uns 20 mítins e 30 actos diversos, entre os que haberá encontros con diversos colectivos e estará presente en todas as comarcas do país. Os cabezas de lista percorrerán todos os concellos das súas provincias nunha campaña “dirixida aos que se senten galegos e galegas, aos que non están dispostos a aceptar sen máis as políticas regresivas que queren impoñer dende a dereita”, subliñou Montse Prado.