O BNG presentará 51 enmendas ós orzamentos da Xunta

O BNG presentará 51 enmendas ós orzamentos da Xunta

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Bloque Nacionalista Galego presentará 51 enmendas ós orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010 na comarca de Ferrolterra. Así o manifestaron hoxe, no decurso dunha rolda de prensa,a parlamentaria nacionalista Ana Luisa Bouza e o membro da executiva comarcal desta formación Fernando Branco. As enmendas nacionalistas recollen un incremento de trinta e dous millóns de euros sobre o asignado polo goberno galego fundamentalmente ós ámbitos de infraestruc

A xuicio dos nacionalistas a comarca de ferrolterra fo, unha vez máis totalmente eliminada e discriminada pola Xunta de Galicia.Os investimentos previstos polo goberno galego para o vindeiro ano na comarca de Ferroltera supoñen unha rebaixa do 23% respecto dos anteriores.Os membros do Bloque Nacionalista denunciaron a drástica reducción orzamentaria en partidas tan importantes para a comarca como son os investimentos no corredor da costa que contarán o vindeiro ano con 16 millóns de euros menos,3 dos cales afectan á provincia de A Coruña.Na enmenda do BNG ó respecto pídese un incremento de tres milóns para sequera igualar o que estaba planificado pola anterior Consellería. Fernando Blanco criticou neste senso a drástica reducción prevista polo executivo galego argumentando que este feito suporía un indubidable incumprimento das datas de finalización dunha infraestructura tan importante como é o corredorda costa.l
No ámbito da Sanidade o BNG presentará seis enmendas cun incremento de 13 millóns de euros,dos que o montante maior iría destinado á proposta de incremento de prazas de persoal sanitario en atención primaria, así como a elaboración dun plano de choque para reducir as listas de agarda.
Outras das enmendas refírense ó campo da Educación para o que os nacionalistas solicitan un incremento de 5 millóns de euros a investir na mellora de centros escolares da comarca.Recollen tamén na súa proposta un incremento de 20 millóns de euros en partidas da Consellería de Medio Ambiente que se destinarían básicamente a plans de recuperación do marisqueo nas rías de Ferrolterra. 

Institucional