O BNG propón que o patrimonio artístico de NCG pase a mans públicas e vaia á Cidade da Cultura

O BNG propón que o patrimonio artístico de NCG pase a mans públicas e vaia á Cidade da Cultura

23 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e a portavoz de Cultura, Ana Pontón, presentaron unha iniciativa parlamentar na que se reclama que o patrimonio artístico de Caixa Galicia e Caixa Nova pase a mans públicas galegas e que a colección de arte sirva para crear unha pinacoteca nacional galega na Cidade da Cultura. O líder dos nacionalistas reclamou que co patrimonio artístico non suceda o mesmo que ocorreu co aforro, que despois do espolio do afo

“Estamos a falar dunha das coleccións de arte máis importantes de arte galego e tamén de pezas de artistas de outros países como Dalí, Picasso”, explicou a portavoz de Cultura, que instou a que as obras se trasladen ao Gaiás para crear alí unha pinacoteca nacional galega, “xa que foi conseguida grazas aos aforros dos galegos e galegas”.

O portavoz nacional denunciou a inacción do goberno galego, “máis alá do ruído, o presidente segue sen actuar e segue a ser necesaria unha comisión de investigación que nos diga que pasou cos cartos de todos e todas”.

Ademais, o líder nacionalista lembrou a iniciativa do BNG para que a Xunta se faga co 51% das accións do novo banco como única forma de conservar o carácter público e galego da entidade e a súa obra social.

 

Institucional