O Boimorto fíxolle un descosido esta tarde ao Perlío

O Boimorto fíxolle un descosido esta tarde ao Perlío

23 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Perlío 0 Boimorto 2. Como se tivese medo escénico, o Perlío volve comezar frouxo a temporada nos Pinares. Un empate e unha derrota é a colleita dos dous partidos xogados na casa nestes primeiros compases da liga da Primeira Autonómica de fútbol.

O Perlío comezou levando o peso do xogo, pero na primeira fase do encontro o Boimorto logrou adiantarse no marcador cunha xogada a balón parado. Segundo o adestrador Gonzalo Beceiro, o seu equipo non se precipitou e seguiu construindo xogo, pero cando máis estaba apretando, nunha contra os visitantes puxeron o 0 a 2 definitivo.

Deportes