O Burela trátanos como profesionais

O Burela trátanos como profesionais
03 de Xullo, 2020 - 10:40 h. | Publicada por Radio Fene

A xogadora de futbol sala feminino de Neda, Ale de Paz, volve a casa co campionato de liga debaixo do brazo, acadado co Pescados Rubén Burela.

ESCOITA O PODCAST:

A xogadora de Neda, Ale de Paz, ven de proclamarse campiona da liga de futbol sala femenino co seu equipo o Pescados Rubén Burela. Aínda se lle nota a voz tomada de tanto que o están celebrando aínda, en palabras da xogadora que desde pequeniña tivo clara a súa vocación deportiva. Este é quizás o maior logro da súa carreira xunto coa convocatoria coa Selección española de futbol sala femenino de Claudia Pons que a levou a Eslovenia. “Foi unha experiencia increíble”. Ale de Paz estudou Integración Social pero a súa profesión de momento é o futbol sala.

Lembra en perfecto orde onde empezou e onde está agora, no máis alto do seu deporte. A carreira deportiva arrancou no Boandanza de Fene, seguíu no CMI Unidade de Fene, Fervenza, Valdetires, Poio Pescamar, ata chegar ao Pescados Rubén Burela. Tamén xogou ao futbol no Perlío e no Neda. “Estar no Burela é adicarte o 100% ao que che gusta. Aquí trátanos como deportistas profesionais que somos” afirma Ale de Paz para quen o seu día a día é entrenar mañá e tarde cun descanso para xantar. “Cando toca xogar fora, en Murcia ou Alicante, xa saímos o xoves e non volvemos ata o domingo”.

A alarma sanitaria afectou ao seu equipo como a todos. “Encerrada na casa facía o exercicio que podía, sempre coa esperanza de poder rematar a liga”. E así foi. Rematárona con victoria. Ale de Paz chegou ata onde está con moito tesón e non poucos atrancos. "A miña familia apoioume ao 200%". Por iso, se tivera que dar algún consello ás nenas que empezan, diríalles “ Se che gusta de verdade, inténtao”. “Por ser nena e xogar ao futbol vas ter algún problema, pero adiante”. Ale sente mágoa porque a súa familia tivo que ver a final da liga desde casa pero que non se preocupen que pasará por Neda un destes días, cando acabe de celebrar o trunfo en Burela.

Deportes

Publica o teu comentario agora