O cómico Pedro Brandariz actúa nas Pontes

O cómico Pedro Brandariz actúa nas Pontes

03 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O monologuista e actor Pedro Brandariz representará o seu monólogo cómico PGU nas Pontes. O cómico relata as “andanzas e desandanzas” da súa vida de gordo, dende a súa primeira infancia ata os nosos días. A cita celebrarase no Pub Tropicana a partir da medianoite.

Brandariz compaxina o seu labor como monologuista co traballo en outras compañías teatrais tales como Os Sete Magníficos + 1, DINAMOteatro ou Mánicómicos, así como proxectos audiovisuais (curtas, televisión …). Nos seus monólogos non só utiliza as técnicas da narración oral ou da stand up comedy senón que bota man do clown, do bufón e da parodia.

Sociedade