O Cabaret invade Redondela

O Cabaret invade Redondela

16 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O X Festival Galego de Cabaré encherá Redondela de cabaret, burlesque e swing durante a derradeira semana de agosto. A Concellería de Cultura, en co-producción coa compañía Nelson Quinteiro Cabaret presentano baixo o lema “Mergúllate nas calores do verán” e ofrecerán unha programación única no panorama estatal en torno ao cabaret, o burlesque ou o swing. Trátase dunha novidosa edición de verán que d

CAMPUS CABARET

Un intensísimo laboratorio de cabaret dirixido a profesionais do sector e que ten como
obxectivo o desenvolvemento de contidos específicos para a programación do festival, a
realizar en espazos non convencionais (rúas, prazas, rotondas, areais, etc...) e que asaltarán
por sorpresa aos veciños/as de Redondela, paseantes e visitantes.

ESPECTÁCULOS NO AUDITORIO DA XUNQUEIRA
Tres propostas de cabaret no Auditorio da Xunqueira, en horario nocturno, só para adultos, a partir das 22:00 h e con unha entrada única de 5 €:

LUNS 22 MARINITA Y SUS MAROMAS

Un espectáculo de transformismo con altas doses de elegancia e glamour a cargo das actrices Andrea Paz e Susi Ons, diplomadas pola Escola Superior de Arte Dramático de Vigo ás que acompaña a diva "Marinita Calleja”, interpretada por Eduardo Domínguez.

MARTES 23 “MANCASME MAN. "O home que mancaba ás mulleres ”. Un espectáculo de poesía cabaret, cun uso da linguaxe de moi alto nivel, e con grande contido, interpretado pola actriz Iria Acevedo, un dos rostros máis destacados dentros do cabaret contemporáneo en Galicia, á que acompaña o pianista Miguel Granero.

MÉRCORES 24 BURLESQUE NIGHT SHOW
Unha proposta bastante subida de tono na que o elenco da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret deixarase seducir pola banda máis perversa do xénero, convidando ao espectador a convertirse nun “boyeur” de diferentes propostas escénicas nas que visitaremos varias das diferentes paixóns máis baixas do xénero humano.

ESPECTÁCULOS NA RÚA E EN ESPAZOS NON CONVENCIONAIS
FLASHTOP CABARET, o xoves 25, ás 17:00 na praia de Cesantes.

O flashtop cabaret é un “asalto escénico” na que un nutrido grupo de actores e actrices tomarán a area
da Praia de Cesantes como escenario para as súas coreografías, animación callejera, interaación cos
bañistas e presentación do propio festival. Un espectáculo que vén curtido do verán, despois de pasar
por escenarios como o Portamérica 2016, Rilla na Rúa Nigrán Foodtrucks, Rilla na Rúa Miño
Foodtrucks ou a Semana de Cine de Vilagarcía.

THE MP3 EXPERIENCE, o xoves 25 ás 21:00 H na PRAZA DE FIGUEROA

O MP3 Experiencie é un evento que se convoca por internet e aberto a quen queira participar. O único requisito é dispoñer dun reproductor de MP3 con auriculares, e un punto de encontro, que neste caso será a Praza de Figueroa. Ao chegar ó espazo en cuestión prodúcese unha sincronización de reloxios e a liberación dun arquivo de audio no que se dará unha serie de instruccións aos participantes do evento. Todos deberán premer o arquivo de audio simultáneamente, e a partir daí, deixarse levar.

PEQUENO CABARET INFANTIL, o venres 26, ás 20:30 H na PRAZA DA CONSTITUCIÓN

Un orixinal espectáculo que consiste na instalación dun vistoso teatrillo ao modo dunha barraca de feira ou de circo antiga e no que Nelson Quinteiro e a súa pulga Jacinta Florette farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos nos tan pequenos transformando algúns contos populares dende un punto de vista moito máis cómico. Entre eles destacarán títulos como Rapunzel (a moza que non se quería depilar), Os tres porquiños bravos ou O flautista de Hamelín.  Un espectáculo que responde ao reto escénico de facer cabaret e dirixilo ao público infantil, quedándonos co colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado e a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida.

SOHO CABARET. GRANDE ENVENTO DE CLAUSURA, o domingo 28 ás 19:00 H na PRAZA DA TORRE

O obxectivo para o domingo 28 é convertir a Praza da Torre de Redondela nun auténtico cabaret berlinés atemporal, facendo énfase na experiencia do usuario, que invitan a vir caracterizado/a. A ambientación contará cunha zona de espectáculos, pista de baile, zona café-cantante, zona de mercadillo, zona de restauración coa participación do foodtruck “Misko Midas_Cociña de autor” e tamén bochinche e zona de barra. Todo estará amenizado por unha master class de LINDY HOP e exhibición posterior a cargo do grupo SWING ON VIGO, taller aberto de HULA HOP e HULA DANCE a cargo da artista e licenciada en Belas Artes ALBA F. TROITEIRO quen, ademais, se encargará da pintura dun panel durante toda a velada, GRANDE GALA DE CABARET BERLINÉS
ATEMPORAL a cargo dos integrantes da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret. O feche da festa correrá a cargo do Dilleis PETARD POP, que nos farán vibrar coa música máis petarda.

Sociedade