O caldo será protagonista

O local do CCRD de Perlío cumpre 50 anos no 2019
13 de Febreiro, 2019 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O CCRD de Perlío ten programado daquí ao verán numerosas actividades, regulares e especiais. Paula Carballeira visita o Círculo de Perlío no mes de xuño. A máis inmediata, a festa do Caldo.

ESCOITA O PODCAST:

Unha festa do caldo galego organiza o Círculo de Perlio para este sábado. É necesario inscribirse previamente nos locais ou no teléfono da entidade. Repartiranse pratos de caldo a catro euros para as persoas socias, e a oito euros para as foráneas. A vicepresidenta cultural da entidade, Mariola Hermida, falou en Radio Fene da festa.

Hermida loubou a representación de "Falsas denuncias" do grupo de teatro Semente que actuou o sabado pasado na entidade.

Para o mes de marzo o Círculo de Perlio organiza o baile de Entroido e tamén actividades en torno a Rosalía de Castro. En abril organizarán concertos de música para a rapazada e en xuño de novo visitará a entidade a escritora Paula Carballeira.

O Círculo tamén programará actos arredor do 17 de maio, Dia das Letras Galegas que este ano se adica ao etnógrafo Antonio Fraguas. A local da entidade que preside José Ramón González cumpre cincuenta anos de vida neste 2019.

Cultura

Publica o teu comentario agora