ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A exposición “Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente” de Tomohiro Muda, enmarcada na da programación de Xacobeo 2010, chega hoxe a Fisterra, onde remata a súa itinerancia por algúns concellos galegos. A mostra cómponse dunha serie de imaxes que o fotógrafo xaponés fixo nas súas peregrinacións a Santiago e que reflicten o carácter vertebrador do Camiño. Desde o pasado mes de marzo, as imaxes de
A exposición permanecerá aberta nun espazo emblemático do Camiño de Santiago, o faro de Fisterra ata o 30 de setembro. Un enclave ntimamente relacionado coa peregrinación, xa que é punto e final do Camiño de Santiago para moitos peregrinos. O fotógrafo Tomohiro Muda é un amante do románico francés e, sobre todo, do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea, o que se reflicte nas súas instantáneas.
“Unha visión desde Oriente” forma parte do Camiño Contemporáneo do Xacobeo 2010, onde se recollen os proxectos expositivos de carácter máis vangardista e que se exhibirán en diversos espazos de Galicia. Este itinerario amosa unha revisión do Camiño e da figura do peregrino a través dos ollos dos artistas máis representativos da fotografía e das artes plásticas do momento. Estas mostras caracterízanse por incluír retratos e paisaxes, que permiten facer unha peregrinaxe fotográfica polas diferentes rutas xacobeas.